Un home perdeu a vida ao envorcar o tractor que manexaba en Cerdido

0 minutes read

A pesar dos esforzos, os servizos sanitarios só puideron confirmar o seu falecemento. Os feitos sucederon nunha zona de monte do lugar de Carballal, uns minutos antes das 13:00 horas deste luns. Nese momento, o 112 Galicia recibiu a alerta do accidente a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e, acto seguido, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia requiriu a intervención dos axentes da Garda Civil, que tratan de esclarecer as circunstancias do sinistro.