Un home perdeu a vida ao quedar atrapado baixo o tractor que manexaba en Vilarmaior

Foto.- Accidente de tractor_Arquivo.

Un home perdeu a vida este luns, ao envorcar o tractor que manexaba e quedar atrapado baixo o mesmo, no concello coruñés de Vilarmaior. Foron os servizos médicos os que alertaron ao 112 Galicia. Así, indicábase que unha persoa estaba atrapada baixo un vehículo agrícola no lugar de Caneiro, parroquia de Doroña. Desde o CIAE-112 Galicia alertouse, inmediatamente, aos Bombeiros de Betanzos e aos axentes da Garda Civil. Unha vez os medios chegaron ao lugar, tan só puideron confirmar o falecemento do home.