Un home perdeu a vida en Vilanova, atrapado nunha máquina de cortar madeira

1 minutes read

A vítima foi liberada de inmediato, pero nada puido facerse por salvarlle a vida. De feito, foi un familiar que traballaba co falecido quen o sacou e que chamou ao 112 Galicia para pedir axuda. Pasaban apenas dez minutos das oito da mañá deste luns, e a súa comunicación permitiu activar os protocolos correspondentes para a mobilización de recursos de salvamento, rescate e asistencia médica.

Así, acudiron os Bombeiros de Ribadumia, aínda que, á súa chegada, o operario estaba xa liberado e sen constantes vitais, polo que, o equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 nada puido facer por él.

Neste operativo tamén interviñeron os axentes da Garda Civil e da Policía Local.