8
O 112 Galicia recibiu o primeiro aviso por mor deste accidente arredor das 12:20 horas deste xoves. Segundo informou un particular, un home sufrira un accidente cando estaba a cortar unha árbore no Cameleiro, en Valdoviño.
Decontado, os xestores do 112 Galicia informaron ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, ao GES de Mugardos, á Garda Civil e á Policía Local.
Logo de acudir ata o punto, nunha zona de difícil acceso, os servizos de emerxencias só puideron confirmar o falecemento da persoa, logo de que lle caese enriba a árbore que estaba cortando.