- Unha muller de 60 anos tamén faleceu este sábado no incendio da súa casa na Coruña.
Uns minutos antes das 16:30 horas deste sábado, unha persoa contactou co 112 Galicia solicitando asistencia sanitaria para un home que estaban tratando de reanimar, na praia de Arealonga, tras ser sacado da auga por uns particulares. Con estos datos, os xestores do 112 Galicia informaron rapidamente ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, á Policía Nacional e á Local e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Redondela. Os servizos de emerxencias solo puideron confirmar o falecemento do home. Así mesmo, indicaron que a persoa caera previamente á auga, de onde fora rescatado por uns particulares.
Unha colisión entre un coche e unha moto deixa unha persoa falecida en Marín
O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso a través dun particular arredor das 18:00 horas deste sábado, o cal informaba de que un turismo e unha moto colidiran nunha estrada en San Tomé de Piñeiro. Ademais, indicou que o motorista podía estar falecido. Con isto, o 112 Galicia solicitou a intervención do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061,da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Marín. Os servizos que se desprazaron ata a zona nada puideron facer por salvar a vida do motorista, confirmando o seu falecemento.
Unha muller de 60 anos tamén faleceu este sábado no incendio da súa casa na Coruña
O lume orixinouse na cociña da vivenda, por causas que se están a investigar. Aconteceu no terceiro andar dun edificio situado no barrio de Monte Alto. Eran pouco antes das cinco da tarde deste sábado. Os bombeiros lograron evacuar á muller pero non foi posible reanimala.