42
Un home de mediana idade feriuse na tarde deste mércores coa motoserra que estaba a utilizar no lugar de Castiñeiro, en Tordoia. O 112 Galicia tivo coñecemento dos feitos uns minutos despois das catro, a través dunha persoa particular que solicitaba asistencia para o home ferido. A partir de aí, desde o CIAE 112 Galicia requiriuse a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e dos axentes da Garda Civil.