Un home resulta ferido grave en Vimianzo tras ser atropelado por un coche da Garda Civil

1 minutes read
  • O incidente produciuse no lugar de Recesindes, na parroquia de Carantoña, preto das once da mañá deste mércores

Un home resultou ferido de gravidade este mércores tras ser atropelado no lugar de Recesindes, na parroquia vimiancesa de Carantoña.

O incidente produciuse minutos antes das once da mañá na AC-432. A vítima precipitouse á vía no momento no que circulaba un coche da Garda Civil que se atopaba facendo labores de vixilancia. Debido á rapidez do sucedido, o vehículo da Benemérita non puido frear a tempo e acabou alcanzando ao home que, segundo o 112, foi evacuado nunha ambulancia en estado grave pero consciente ao centro médico de referencia.

As autoridades tratan de esclarecer o incidente e investigan o motivo polo que o afectado se atopaba na vía.