Un home resultou ferido de consideración ao caerlle unha árbore enriba en Santa Comba

0 minutes read

O 112 Galicia recibiu a alerta dos feitos ao fío das 12:00 horas deste domingo, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizou un helicóptero medicalizado para atender ao ferido. O suceso ocorreu no lugar de Ser, nunha leira. Ata alí tamén acudiron, tras ser alertados polos xestores do 112 Galicia, os axentes da Garda Civil e os membros do Servizo Municipal de Protección Civil.