Un home resultou ferido tras caer da moto que pilotaba en Carballo

0 minutes read

O 112 Emerxencias Galicia activou unha alerta pasadas as catro e media da tarde deste venres por un accidente de tráfico con feridos na rúa Santa Ana de Carballo, nas inmediacións da rotonda que tamén conflúen a rúa Sol e a Vila de Negreira. Segundo testigos presenciais o motorista perdeu o control e caeu do vehículo. Ao lugar do accidente acudiron de inmediato a Policía Local e persoal do 061, estes últimos evacuaron do lugar ao motorista ferido, aínda que en principio o seu estado non revestía gravidade.