Un home sofre un corte cunha radial en Coristanco


Un home resultou ferido despois de cortarse cunha radial cando realizaba traballos no seu domicilio, no lugar da Esfarrapa, no concello de Coristanco.

Un familiar chamou ao 112 Galicia para requirir asistencia sanitaria e, decontado, informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que desprazaron ata o lugar o helicóptero medicalizado con base en Santiago de Compostela.

Do mesmo xeito, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias puxeron os feitos en coñecemento dos axentes da Garda Civil, da Policía Local, dos membros do GES de Ponteceso e de Protección Civil da localidade, que confirmaron o traslado do paciente a un centro hospitalario da Coruña.