Un home suicídase despois de matar o seu fillo e de ferir a súa muller en Teruel

Ambulancia Galicia Sergas.

Un home matou o seu fillo de 16 anos este mércores, e feriu de gravidade a súa parella e nai do adolescente en Andorra (Teruel), para posteriormente suicidarse lanzándose pola ventá dun cuarto piso, que se correspondía co súa vivenda, segundo fontes da investigación.

Os axentes acudiron ao lugar dos feitos despois de recibir a alerta sobre un home que se tirara por unha ventá, pero ao acudir á vivenda atoparon o cadáver do fillo con feridas de arma branca, e tamén á nai do rapaz, de 39 anos, con feridas graves, polo que foi trasladada de urxencia ata o Hospital Miguel Servet de Zaragoza nun helicóptero medicalizado.

O suposto asasino, de 41 anos, foi trasladado ao hospital de Alcañiz con feridas graves, onde finalmente faleceu. Todo apunta a que se trata dun novo caso de violencia machista, no que non constaban denuncias previas.

Related posts

Acordo PP-Vox para gobernar Estremadura catro meses despois da celebración das eleccións

Un accidente de autobús turistico na Gomera deixa 1 morto e 14 feridos

IU, Sumar e Podemos baixo as siglas ‘Por Andalucía’ nas próximas eleccións autonómicas