Un incendio afectou a unha nave en Ordes | Outro, nun edificio, obrigou a atender a cinco persoas na Coruña

Os bombeiros do parque provincial de Ordes participaron este martes na extinción dun incendio nunha nave de reciclaxe de electrodomésticos sita no parque empresarial de Ordes.

Foi o propio persoal da empresa quen deu o aviso ás 09:00 horas. Ardeu unha esquina na que había almacenadas baterías e impresoras, afectando o lume ao peche lateral da nave e á cuberta desa zona.

Cinco persoas recibiron asistencia médica tras un incendio na Coruña

Foron atendidos no mesmo lugar dos feitos e só unha tivo que ser trasladada ao hospital e por motivos alleos ao suceso.

Dúas chamadas ao 112 Galicia preto das tres desta madrugada facilitaron a intervención dos recursos de emerxencias para facer fronte a un incendio, que comprometía a totalidade do edificio. Un inmoble situado na Rúa Barrera, número 30, da Coruña, que adoita ser ocupado, segundo explicaron os mesmos alertadores.

En base a toda esta información, desde o 112, solicitouse a actuación dos Bombeiros da Coruña, dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia e o apoio dos axentes da Policía Local e Nacional. Este foi o operativo constituído para tratar de poñer fin a esta situación no menor tempo posible, aínda que a complexidade do incendio, propagado por todo o inmoble, obrigou a prolongar as horas de traballo dos equipos de extinción. Tanto así que, nunha comunicación co 112 preto das sete desta mañá, os bombeiros coruñeses confirmaron que o incendio estaba controlado e asumían xa as tarefas de arrefriado e ventilación.

Con todo, avisaron que o edificio estaba completamente calcinado e o tellado derrumbado. Igualmente, sinalaron pequenos danos nos edificios lindeiros, aínda que non suficientes como para desaloxar.

En canto á intervención dos sanitarios, atenderon a cinco persoas no mesmo lugar dos feitos e só unha necesitou traslado e, en calquera caso, por circunstancias alleas ao suceso.

Related posts

Un colombiano acepta cinco anos de cadea por intentar matar o seu compañeiro de piso en Santa Comba

A Deputación da Coruña apoia á Agrupación de Protección Civil de Santa Comba con máis de 11.000 € para material

A Deputación da Coruña dota de novos vehículos a seis entidades sociais da provincia