- O lume xa está controlado e ningunha persoa resultou ferida
Un incendio calcinou por completo unha nave de reciclaxe de plásticos en Narón, concretamente no Polígono Industrial Río do Pozo.
Varios particulares deron a voz de alarma preto das 16:45 horas desta tarde para avisar do incidente no que ningunha persoa resultou ferida ou afectada.
Por agora non hai indicios de risco por contaminación para a poboación nin tampouco de que se producira algunha vertedura.
No operativo participaron os Bombeiros de Narón e de Ferrol, axentes da Policía Nacional e Local, membros da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade, do GES de Mugardos e sanitarios do 061.
Nestes momento o incendio está controlado.