Primeiro marchou a luz, despois empezaron a escoitarse pequenas explosións no tellado. A moza que estaba nese momento na casa esperando a que chegaron os seus pais do traballo colleu as mascotas, baixou os automáticos e saíu fóra para chamar a Emerxencias.
Os pais da moza chegaron en apenas cinco minutos, tamén os bombeiros, Protección Civil e a Garda Civil, pero xa pouco se podía facer. Coidan que o incendio comezou no salón para despois propagarse rapidamente pola estrutura de madeira do faiado. Ademais dos danos provocados polo lume, o teito colapsou sobre varias dos cuartos da vivenda.
A causa do incendio está aínda por determinar, pero non se desbota que puidese deberse a un curtocircuíto. O matrimonio levaba varios anos residindo coa súa filla nesta vivenda no concello de Barbadás. Esta noite durmiron na casa dun familiar. Por sorte, non quedou ninguén ferido, pero din que a situación é complexa porque todo o que tiñan estaba nesa casa.