39
Un lume declarado nunha casa de dous andares en Melide deixou importantes danos na vivenda, sen que ningunha persoa resultase ferida.
Concretamente, na planta baixa da casa ardeu a cociña e o teito desta estancia. Por outra banda, no andar superior, o lume queimou unha habitación e provocou danos no tellado. Ademais, o fume afectou totalmente á vivenda.
Os feitos sucederon no lugar da Eirexe, na parroquia de Santalla de Agrón, na tarde deste domingo.
Nada máis recibir a alerta no 112 Galicia a través dunha persoa particular, desde o CIAE 112 Galicia pasouse o aviso aos Bombeiros de Arzúa, á Garda Civil, á Policía Local e a Protección Civil de Melide.