Un incendio derrúe parte dun invernadoiro en desuso en Fisterra

Foto.- Bombeiros de Cee.

O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia tivo constancia do lume pasados dez minutos das 06:00 horas deste domingo.

Ata o lugar acudiron decontado os Bombeiros de Cee, os efectivos de Protección Civil da localidade e os axentes da Garda Civil,  nada mais ser alertados polo 112, tras recibir o aviso dun particular. Segundo o seu relato, ardían invernadoiros abandonados e escoitábanse estoupidos nunha finca privada, situada na Avenida da Anchoa, en San Martiño de Duio.

Unha vez que os Bombeiros xunto cos efectivos de Protección Civil deron por finalizadas as tarefas de extinción, confirmaron que se tratou dun galpón de grandes dimensións, divido en dúas partes, unha delas estaba baleira e a outra, que  almacenaba diverso material e que foi arrasada polas lapas. De feito, indicaron que arderan dous vehículos, un xerador, diverso material de construción e outros materiais diversos. Ademais, por fortuna, os profesionais de extinción puideron controlar as lapas e evitar que afectasen a unha casa contigua, propiedade duns veciños.

Polo momento, descoñécense as causas que puideron orixinar o lume. As Forzas da Orden encárganse da investigación do suceso.