Un incendio derrúe por completo unha casa en Bergondo

Imaxe de arquivo dun incendio_PIXABAY

  • Durante a madruga deste sábado tamén ardeu outra vivenda en Figueiras, Santiago

As lapas dun incendio declarado nun inmoble situado na Aldea de Arriba, en Santa Marta, derruíron por completo a vivenda. Por sorte, a dona da mesma non se atopaba no interior, polo que non houbo que lamentar danos persoais.

A voz de alarma ao 112 Galicia produciuse preto das 19:30 horas deste venres. De inmediato se informou do suceso aos Bombeiros de Betanzos e aos efectivos de Protección Civil da localidade e de Betanzos. Tamén se alertou á Garda Civil e Policía local.

Os Bombeiros confirmaron a total extinción do lume ao fío das 21:30 horas. Polo de agora descoñécense as causas que o orixinaron.

Incendio nunha casa en Santiago
En Santiago, o 112 Galicia tamén tivo constancia esta madrugada dun incendio nunha vivenda no lugar de Xulacasa, en Figueiras. Segundo informaron os Bombeiros, a casa ardeu na súa totalidade.

Nada mais recibir a chamada dun particular, preto da 01:30 horas, os xestores do 112 pasaron aviso de inmediato aos Bombeiros de Santiago, á Policía Nacional, Local e aos efectivos de Protección Civil.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha