39
O lume, o fume e a auga estragaron boa parte da provisión de herba destinada a alimento dunha gandería ubicada no lugar de Mixón, no concello de Cerceda. Con certeza total aínda non se sabe como se orixinou o lume pero todo apunta que foi resultado dunha combustión interna da forraxe froito do proceso de almacenamento e da humidade. Veciños, tractoristas e os Bombeiros de Ordes, traballaron sen descanso durante horas para atallar a propagación do lume.