Un incendio destrúe unha casa prefabricada en Monfero


Un incendio declarado durante a tarde deste martes nunha casa de madeira prefabricada deixou a vivenda totalmente calcinada, sen que se rexistrasen danos persoais. Os feitos sucederon no lugar da Illa, na parroquia de San Fiz, ao fío das 17:05 horas.

Foi unha persoa particular quen alertou ao 112 Galicia do lume, e desde a organización pasaron o aviso aos Bombeiros do Eume, a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, á Garda Civil, á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil das Pontes de García Rodríguez e ao Servizo de Prevención e Defensa Contra Incendios Forestais.

Neste momento, os servizos de emerxencia permanecen no lugar do incendio arrefriando a zona afectada polo lume.