28
As lapas devoraron na noite deste venres para o sábado unha nave no polígono industrial do Tambre, en Santiago. Pasadas as dez, o 112 recibía o aviso de que o lume ameazaba con espallarse rapidamente polas naves lindeiras. O servizo de bombeiros compostelá empregou todos os medios dispoñibles para evitar que alcanzase unhas instalacións próximas repletas de pinturas e materiais inflamables.
O incendio quedou extinguido pasada a medianoite, pero a nave quedou destruída e un lateral derrubouse parcialmente, afectando outra nave. Non houbo danos persoais, pero os materiais son cuantiosos. Segundo algunhas testemuñas, varias tomas de auga non funcionaban o que atrasou a intervención. Agora, investigan as causas do lume.