Un incendio destrúe unha nave no polígono industrial do Tambre

Bombeiros solapando o incendio dunha nave no polígono do Tambre

As lapas devoraron na noite deste venres para o sábado unha nave no polígono industrial do Tambre, en Santiago. Pasadas as dez, o 112 recibía o aviso de que o lume ameazaba con espallarse rapidamente polas naves lindeiras. O servizo de bombeiros compostelá empregou todos os medios dispoñibles para evitar que alcanzase unhas instalacións próximas repletas de pinturas e materiais inflamables.

O incendio quedou extinguido pasada a medianoite, pero a nave quedou destruída e un lateral derrubouse parcialmente, afectando outra nave. Non houbo danos persoais, pero os materiais son cuantiosos. Segundo algunhas testemuñas, varias tomas de auga non funcionaban o que atrasou a intervención. Agora, investigan as causas do lume.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha