Un incendio en Caldas produce numerosos danos materiais nunha nave industrial

Un incendio afectou dende as dúas da tarde deste xoves unha nave industrial na zona da Condesa, en Caldas de Reis.

Ata o momento sábese que o lume produciu danos materiais tanto na nave coma en varios vehículos que estaban aparcados no seu interior. O lume douse por extinguido nas seguintes horas. Na zona traballaron os bombeiros do Salnés para arrefriar a nave e impedir que o lume se reproducira maiormente. Tamén participaron nos traballos efectivos de Protección Civil de varios concellos.

As causas do incendio non foron aclaradas de momento.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha