Un incendio en Pena Forcada pon en risco o monte de Vimianzo e Laxe


O lume iniciouse á primeira hora da tarde deste domingo nunha zona de monte raso de difícil acceso, entre os concellos de Vimianzo e Laxe. Ao lugar foron enviadas varias cuadrillas de Medio Rural así como medios aéreos de extinción para colaborar no traballo de apagar o lume, que xa iniciaran veciños e voluntarios pola súa conta mentras non chegaron os servizos profesionais de extinción. En concreto, ao lugar desprazáronse brigadas de Bergantiños, A Laracha e Soneira, dúas motobombas, dúas avionetas, Protección Civil de Vimianzo e Laxe. Grazas ao traballo de uns e outros o lume quedou completamente extinguido a media tarde.