Un incendio forestal afectou este venres á periferia de Carballo

Un incendio forestal de tamaño considerable e con dous focos próximos entre si, foi declarado a última hora da tarde deste venres preto do lugar da Revolta, entre Carballo e Coristanco. A alerta pasouna o 112 Emerxencias Galicia a iso das 20:00 horas, ao lugar achegáronse as brigadas contra incendios da Xunta que se encargaron de estabilizar a situación antes de poñer en risco a proximidade ás vivendas, por sorte, segundo o dispositivo, o vento reinante non era tan forte como o dos últimos días e a situación foi máis fácil de controlar.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha