Un incendio forestal calcina máis de 20 hectáreas en Suevos, Arteixo

1 minutes read

O lume iniciouse ás 17,07 h. deste mércores e para o seu control mobilizáronse 2 técnicos de apoio, 7 axentes, 10 brigadas, 9 motobombas, 5 helicópteros e 2 avións. O lume quedou controlado ás 12,13 h. deste xoves.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?