Un incendio forestal calcina preto de 200 hectáreas en Salvaterra


O incendio que se iniciou ás dez menos dez da noite deste sábado, propagouse rapidamente de madrugada pola parroquia de Uma, no concello de Salvaterra de Miño. O lume achegouse ao núcleo de Maceiras, momento no que foi decretada a Situación 2, xa desactivada coas primeiras luces deste domingo. As últimas estimacións do 085 cifran en máis de 180 hectáreas a superficie provisional afectada no que ata o momento é o maior incendio forestal deste ano en Galicia. Na súa extinción traballaron 8 axentes, 26 brigadas, 15 motobombas e 2 pas.