Un incendio forestal en Coristanco obrigou a cortar a estrada cara Santa Comba

1 minutes read

O lume iniciouse sobre as catro da tarde deste martes. Varios veciños deron a voz de alarma pola súa proximidade ás vivendas. A calor do mediodía e o vento reinante nese momento complicaron aínda máis a situación. Ao lugar desprazáronse unha brigada da Xunta, dous camións cisterna con medios humanos e unha patrulla da Garda Civil. O foco estivo centralizado no lugar de Baiordo – A Esfarrapa. O lume chegou ata a cuneta da estrada e nun momento foi necesaria a interrupción do tráfico rodado na DP-2904 que une Coristanco con Santa Comba. A última hora da tarde os Bombeiros continuaban arrefriando a zona para tratar de evitar a posible reavivación das chamas.