Un incendio forestal queima unha franxa de monte raso en Zas


O vídeo mostra a virulencia das chamas avivadas polo vento.

O lume orixinouse ás 11 da mañá deste sábado no monte coñecido como Pico de Meda. Dada a voz de alarma, varias cuadrillas de Medio Rural e dous camións motobomba acudiron ao lugar. Debido ao forte vento reinante na zona, tiveron que realizar un contra lume para centralizar as chamas e impedir a súa expansión ao resto do monte. Os bombeiros permaneceron durante tres horas no lugar vixiando que o lume non se avivase. Investíganse as causas do incendio, o primeiro desta tempada na zona.