A planta que a empresa Sogarisa ten no polígono industrial das Somozas (A Coruña) rexistrou na tarde deste domingo un incendio nas súas instalacións dedicadas á reciclaxe de residuos industriais. Na zona houbo varias explosións, que precederon ao comezo das chamas, afectando a unha zona na que se almacenaban distintos produtos. A Xunta de Galicia activou o nivel 1 do plan territorial de emerxencias, o Platerga, esto permite a mobilización dos recursos que estean máis aló da área de referencia do concello das Somozas co obxectivo de garantir a seguridade e avanzar na extinción do lume. Desde o 112 mobilizouse aos Bombeiros do Eume, con sede nas Pontes, GES de Ortigueira, Bombeiros de Ferrol, Vilaba, os efectivos de extinción de Barreiros, o Servizo Prevención Extinción Incendios e Salvamento de Narón, ademais da Garda Civil.
0