O 112 Emerxencias Galicia activou unha alerta ás 14:30 horas deste xoves, tras o aviso dunha persoa particular, por un incendio nunha vivenda ubicada no lugar de Queo de Abaixo, na parroquia carballesa de Bértoa. O incendio afectou a tres sofás, á cuberta e á estrutura dunha terraza situada pola parte traseira da vivenda, no 1º andar. Ao punto foron coordinados os medios dispoñibles de Protección Civil, Policía Local, Garda Civil e Bombeiros de Carballo. Estos últimos encargáronse de sufocar o lume e ventilar a estancia afectada. Unha persoa resultou ferida por inhalación de fume, aínda que o seu estado non revestía gravidade, foi atendida no lugar e trasladada en ambulancia ao PAC de Carballo.