Un incendio obrigou a desaloxar 16 vivendas en Muxía | En Buño ardeu un alpendre adosado a unha vivenda

O incendio declarouse a primeira hora da tarde deste sábado nun ático da rúa Castelao, en Muxía. Ao parecer, o lume comezou nun enchufe e deseguida prendeu no resto do salón. Ante a rapidez do incendio, a propietaria do piso e unha a compañante, saíron da vivenda a alertaron os servizos de extinción. O fume xerado fixo que toda a veciñanza saíra tamén do edificio, aínda que o resto de vivendas non chegaron a verse afectadas polo lume. Os efectivos de Protección Civil de Muxía conseguiron apagar as lapas e os bombeiros de Cee, que tamén foron mobilizados, fixeron labores de arrefriamento e ventilación. Unha hora despois de declararse o lume os veciños puideron volver ás súas casas. O salón da vivenda incendiada sufriu danos importantes e o resto da vivenda viuse afectada polo fume.

Incendio en Buño

Ao lugar acudiron GES de Ponteceso, bombeiros de Carballo, Garda Civil e Protección Civil de Malpica. A estrutura do alpendre ardeu por completo e para acabar de sufocar o lume foi necesaria a axuda dunha escavadora para remover e retirar boa parte da madeira seca almacenada. A orixe do lume puido estar nunha grallada con muxicas mal apagadas que se realizou na contorna. A rápida intervención de veciños e propietarios do alpendre afectado logrou evitar que as chamas pasasen á casa, que estaba xusto de lado.

Related posts

O PSOE de Malpica denuncia que o Centro de Día de Buño continúa pechado tras tres anos cas obras rematadas

Novo mural de Joseba Muruzábal, coñecido artisticamente como Yoseba MP, na fachada dun edificio da Laracha

Malpica, concello pioneiro na implantación do sistema ‘Praia Pallet’ para a recollida de lixo mariño