37
- O lume só afectou a unha roda e ao coxín da suspensión
Pasadas as 13:30 horas deste mércores, os veciños da Avenida da Milagrosa en Carballo á altura do nº 47, deron a voz de alarma ao 112 Galicia para informar dun incendio nunha roda dun camión que transportaba madeira nun remolque.
Os Bombeiros extinguiron o incendio ás 14:00 horas e polo de agora descoñécese a orixe do lume, que só afectou á mencionada roda e ao coxín da suspensión neumática. O resto do remolque e a carga non se viron afectados.
No operativo tamén participaron membros da Garda Civil, da Policía Local e voluntarios de Protección, ao producirse o incidente en hora punta e nunha intersección con moito tráfico, debido á proximidade da empresa Calvo.