36
- As primeiras investigacións apuntan a que un curtocircuíto nun dos turismos foi a orixe do incendio
Un incendio nun garaxe da Rúa Mediodía, no termo municipal de Ordes, foi a causa pola que dous edificios de catro andares cada un deles foron desaloxados por precaución. Afortunadamente, non houbo que lamentar danos persoais e, unha vez extinguido o lume, os veciños puideron volver ás súas vivendas, que tampouco resultaron afectadas.
O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia tivo constancia do suceso moi preto das 20:30 desta pasada noite. Segundo informaron os Bombeiros de Ordes, víronse afectados cinco vehículos e, posiblemente, un curtocircuíto nun deles foi o que orixinou o lume que finalmente se apagou arredor das 23:30 horas.