Un incendio nunha cafetería de Oleiros deixou catro persoas afectadas

1 minutes read

Ardeu unha frixideira no interior dunha cafetería situada no Polígono Industrial de Iñás, en Oleiros. A intensa fumareda ocasionada polo incendio provocou unha intoxicación a unha persoa, aínda que, en total, tiveron que ser atendidas catro, das cales só unha necesitou traslado ao centro hospitalario.

Así o confirmaron os axentes da Garda Civil a través do 112 Galicia, onde se recibiron as primeiras chamadas de alerta preto do mediodía deste luns. Para facer fronte ao incendio, enviáronse avisos aos membros do servizo local de emerxencias e os Bombeiros de Arteixo, que descartaron intervir en canto comprobaron que o lume estaba xa extinguido. 

Igualmente, para atender aos feridos, solicitouse a intervención dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e contouse coa colaboración da Policía Local.