Un incendio orixinado nunha caldeira dunha residencia en Cee fixo saltar as alarmas e que o edificio fose desaloxado polo propio persoal do centro, sen que se rexistrasen danos persoais.
Segundo a información facilitada ao 112 Emerxencias Galicia polos Bombeiros da localidade, o incendio na caldeira, que estaba situada nun baixo do centro, provocou que o fume se propagase a través dos condutos de aire ao edificio. Con todo, o lume foi extinguido polos traballadores da residencia cun extintor. O suceso tivo lugar na rúa do Campo do Sacramento.
Os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia pasaron o aviso tamén á Policía Local, a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, á Garda Civil e aos voluntarios de Protección Civil de Cee.
