Un incendio nunha granxa de Leiloio – Malpica pon en alerta aos servizos de emerxencia

Eran as 11 da mañá deste luns, cando un particular alertaba de que saía abundante fume dunha granxa avícola situada no lugar de Trémoa, parroquia de Leiloio, concello de Malpica de Bergantiños. Rapidamente o CIAE 112 Galicia coordinou o envío dos servizos de emerxencia, quen ao chegar ao lugar atallaron de inmediato un conato de incendio nunha morea de leña existente na nave e que provocou leves danos nunha zona do tellado. Acudiron en auxilio os bombeiros de Carballo, Garda Civil, Policía Local e Protección Civil de Malpica. Ademais o alcalde Walter Pardo Añón e o concelleiro de Turismo, Seguridade, Tráfico, Servizos e Agro, Alfredo Cañizo Garrido, seguiron de preto en todo momento os labores de extinción.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha