Un incendio nunha papeleira obrigou a desaloxar un centro de FP en Ferrol

Case un centenar de persoas tiveron que ser desaloxadas por un pequeno incendio nunha aula do Centro Integrado de Formación Profesional (CIFP) Ferrolterra en Ferrol, declarado nunha papeleira pero que provocou que o fume se estendese por todo o local situado no soto do edificio..

O suceso saldouse sen danos persoais, segundo informa o Centro de Atención ás Emerxencias-112 Galicia. Tanto estudantes como profesores que se atopaban nese momento no centro non necesitaron asistencia sanitaria.

O aviso deuse por parte dun particular pouco despois das catro da tarde deste martes. A persoa que efectuou a chamada advertiu ao CIAE-112 Galicia que vía saír chamas do interior dun taller de madeira, pertencente a un centro de ensino da rúa Ramón y Cajal, en Ferrol, sen que puidese especificar que estaba a ardelo ou se había feridos.

Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias, avisouse aos Bombeiros de Ferrol, á Policía Nacional, á Policía Local e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Ferrol.

De igual maneira, o conserxe do centro púxose en contacto co 112 Galicia para informar sobre os feitos. Tras esto, por precaución, procedeuse á evacuación do edificio.

Os bombeiros foron os encargados de extinguir o pequeno foco de lume iniciado nunha papeleira dunha aula de carpintería que albergaba madeira, disolventes e diversas máquinas no seu interior, pero unicamente ardeu a papeleira.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha