Foron atendidas dúas persoas polo persoal sanitario. O primeiro aviso que recibiu o 112 Galicia por mor deste incendio ocorreu contra as 11:00 horas deste luns. Na chamada, un particular indicaba que estaba a arder a cociña duns veciños, na travesía de Meicende. Ademais, podía haber alguén afectado.
Con esta información, desde a Sala de Operacións do 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Arteixo, á Policía Local e ao Servizo Municipal de Protección Civil de Arteixo.
Logo de extinguir o lume, os bombeiros indicaron que ardera a campá extractora, así como os mobles que se atopaban preto. Por outra banda, o persoal sanitario que se mobilizou explicou que atenderan a dúas persoas, sendo trasladada unha delas ata o Hospital Universitario da Coruña.