Un incendio nunhas cortes en Val do Dubra deixa dous becerros mortos e diversos danos materiais

Foi a dona das instalacións, pegadas á súa vivenda, quen avisou ao 112 Galicia dez minutos antes das 2 horas da madrugada. Na súa chamada, explicaba que no seu interior había varios animais e, nas proximidades, unha palleira.

Entón, desde o 112 Galicia solicitouse a acción dos Bombeiros de Santa Comba, da Garda Civil e dos voluntarios de Protección Civil de Val do Dubra.

Os Bombeiros conseguiron apagar o lume pouco antes das 3 horas, e a continuación comunicaron ao 112 Galicia a relación de danos: o lume queimou varias pezas de maquinaria almacenadas na corte e provocou a morte de dous becerros.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha