O lume orixinouse a primeira hora da da tarde deste mércores por causas aínda descoñecidas. Unha traballadora do aeroporto conta que se puido orixinar por mor dunhas obras que se están realizando no falso teito da terminal.
Non se rexistraron danos persoais no aeroporto de Alacante-Elxe, pero por precaución, procedeuse ao desaloxo de pasaxeiros e traballadores inmediatamente despois de que comezara a arder unha das cubertas da terminal de embarque. Tamén se cancelaron a maioría dos 125 voos programados. Os afectados contan que viron fume e que os desaloxaron. Esperaron durante horas sin que ninguén os informara sobre os seus vóos.
Os bombeiros conseguiron controlar as lapas, pero AENA informa que os labores de extinción e ventilación do intenso fume continuarán varias horas máis.