Un incendio obriga a desaloxar un edificio en Malpica

1 minutes read

Un lume nunha vivenda dun edificio do lugar da Camuza, en Malpica de Berganitños, obrigou ao desaloxo dos veciños do inmoble. O 112 Galicia foi informado, pasadas as tres e media da tarde, de que saía fume por unha fiestra e, de xeito inmediato, avisou aos Bombeiros de Carballo. Ata alí tamén se desprazou a Garda Civil, que desaloxou o edificio enteiro, e confirmoulle aos xestores do CIAE-112 que todos os veciños estaban ben e ninguén precisaba atención sanitaria. Finalmente, os Bombeiros deron por extinguido o lume, pasadas as cinco da tarde, e comunicáronlle ao 112 que resultou afectado un sofá dunha vivenda e tamén a instalación eléctrica do inmoble. Ademais, neste operativo, tamén participaron os membros do GES de Ponteceso e de Protección Civil de Malpica de Bergantiños.