Un incendio provoca danos nun cortello lindeiro a unha casa na Baña

Imaxe de arquivo bombeiros de Santa Comba nun operativo

Un incendio orixinado nun cortello que linda cunha casa na Baña deixou importantes danos na corte, sen que ningunha persoa resultase ferida nin afectada.

No interior do cortello había unha caldeira, apeiros de labranza e un tractor, que arderon por completo. Ademais, o teito da construción quedou destruído e caeu.

Foi unha persoa particular quen contactou co 112 Galicia uns minutos despois da unha menos cuarto da pasada madrugada para alertar do incendio.

Axiña, os xestores do CIAE 112 Galicia solicitaron a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Xalllas e dos axentes da Garda Civil.

Os Bombeiros de Santa Comba traballaron arreo para atallar o incendio e tamén levaron a cabo tarefas de desentullo por mor da gran cantidade de leña acumulada no interior da corte.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha