Un incendio provoca que un edificio teña que ser desaloxado en Arteixo

Bombeiros de Arteixo durante unha intervención recente_Arquivo.

O primeiro aviso por mor deste incendio chegou uns minutos antes das 18:30 horas deste luns ao 112 Galicia. Segundo o particular que informou, saía fume da fiestra dun piso na Avenida de Caión, sen que houbese ninguén no interior, polo que non houbo persoas afectadas.

Decontado, desde a Sala de Operacións do 112 Galicia puxéronse os feitos en coñecemento dos Bombeiros de Arteixo, da Policía Local e do Servizo Municipal de Protección Civil de Arteixo.

Logo da intervención, os bombeiros de Arteixo indicaron que ardera unha habitación, ademais dun armario e un aspirador, no que puido terse orixinado o lume. Tamén confirmaron que non houbera que lamentar danos persoais, aínda que si que foi preciso o desaloxo do edificio.

Related posts

O BNG de Santa Comba tilda de ‘desastre de xestión’ a acumulación de lixo preto de instalacións municipais

Un home de 55 anos morre atropelado no polígono do Tambre, en Santiago

Mazaricos acollerá esta fin de semana a XXVII Festa do Bolo do Pote