Un incendio provocou danos no garaxe dunha casa no Ferradal de Bértoa, en Carballo

Bombeiros de Carballo_Arquivo.

Segundo a información facilitada ao 112 Galicia polos Bombeiros de Carballo, o lume puido comezar no motor da calefacción central e ardeu no local unha zona onde había botes de disolvente, de gasolina e materiais plásticos. Ademais, as lapas afectaron a unha secadora. Afortunadamente, ningunha persoa resultou ferida.

Os feitos sucederon ao fío das 2:30 horas da madrugada no número 50 do lugar. Tras a chamada dun particular, foron os axentes da Policía Local os que alertaron do incendio ao 112 Galicia, nese momento.

De xeito inmediato, o persoal do 112 Galicia pasou o aviso aos Bombeiros de Bergantiños, á Garda Civil e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Carballo.