Un incendio queima 1,5 hectáreasen en San Pedro de Visma

0 minutes read

Un incendio forestal declarado este venres na parroquia de San Pedro de Visma, na Coruña, quedou estabilizado, tras queimar unha hectárea e media, informaron fontes da Consellería de Medio Rural, que mobilizou dous helicópteros, cinco axentes, seis brigadas e dúas motobombas. Ademais, os bombeiros da Coruña traballaron tamén para atallar o incendio, próximo á zona do Portiño e a estrada dos Fortes. O lume xa afectara a zona de monte entre O Portiño e Os Rosales hai unha semana, e agora volveuse a reproducir.