Un informe identifica a máis de 50 vítimas de pederastia na Igrexa de Navarra

Un informe sobre os abusos sexuais cometidos no seo da Igrexa de Navarra revela 31 abusadores e 52 vítimas en 17 colexios. O informe, realizado pola Universidade Pública de Navarra foi presentado este venres en rolda de prensa. Os abusos cometéronse en centros educativos e en congregacións relixiosas. Entre os acusados hai un director de colexio, 21 profesores, un frade, dous sacerdotes e un conserxe. Aínda que o informe identificou a 52 vítimas, outras sete persoas ofreceron nos últimos días o seu testemuño.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha