Un informe sinala que o 59 % da rede de estradas de Galicia está en estado grave

  • Datos segundo un estudo da Asociación Española da Estrada.
  • As comunidades con peores datos de conservación son Aragón, Castela-A Mancha e Galicia.

O informe sinala que, a nivel estatal, existen 33.966 quilómetros cunha deterioración moi grave do pavimento, case o triplo dos 12.000 rexistrados hai tres anos. Estas vías necesitan unha reconstrución urxente nun prazo inferior a un ano debido a alteracións estruturais (como fochancas ou o chamado «efecto pel de crocodilo») e superficiais (fendas lonxitudinais e transversais, e perda de materiais). Esta porcentaxe sitúa Galicia, co 59% da rede de estradas en grave estado de conservación como a terceira comunidade con peores resultados, só por detrás de Aragón (69 %) e ao mesmo nivel que Castela-A Mancha.

Related posts

23 vehículos implicados e 4 feridos nun accidente na AP-9 en Oroso | 3 feridos tamén noutro sinistro en Carballo

Galicia pechou a súa estadía en Fitur con dous premios: Mellor Estand autonómico e Mellor Expositor Sostible

UCIN únese a que dimita Oscar Puente, pero tamén esixe a dimisión de Rueda ‘polo abandono da sanidade galega’