- Un fallo no motor durante a manobra de saída foi o motivo do accidente
Un instrutor e unha alumna da Academia Xeral do Aire (AGA) morreron este mércores ao estrelarse en avión no que ían no Mar Menor, Murcia, tal e como se confirmou na conta oficial de Twitter do Exército do Aire.
Os falecidos son o comandante Daniel Melero Ordóñez, de 50 anos e natural de Cádiz, e a alférez alumna de terceiro curso Rosa María Almirón Otero, de 20 anos e de Lucena (Córdoba).
A nave despegou da base aérea de San Javier (Murcia) pero un fallo de motor durante a manobra parece ser o motivo do accidente. Segundo declaracións da ministra de Defensa en funcións, Margarita Robles, o avión fora revisado esta mesma mañá.