Un intenso cheiro a xofre invade a illa da Palma


O volcán de Cumbre Vieja segue marcando a actualidade na illa da Palma, cuxos habitantes viven entre as sacudidas de decenas de terremotos que se producen a diario e o temor a perder vivendas e pertenzas baixo un espeso manto de lava. O sábado abriuse unha nova boca, aínda que en principio só expulsaba cinza e dióxido de xofre, que deixa un forte cheiro en toda a illa. Nestas catro semanas, a lava cubriu máis de 700 hectáreas de terreo, destruíu total ou parcialmente máis de 1.500 edificios, a maioría vivendas, e forzou a evacuación dunhas 7.000 persoas. O peor é que nada indica que a situación vaia a mellorar a curto prazo.