Partido xogado este sábado ás 20:00 horas no Vila de Noia en Carballo. O Calvo Xiria recibía ao Bm San José Obrero Lanzarote na décima xornada da primeira Estatal, un equipo parello na táboa clasificatoria co conxunto carballés e un dos máis fortes da categoría. Un Calvo Xiria que afrontaba o choque aínda mermado polas baixas, como a de Fran de última hora. Tras gardar un minuto de silencio polo naufraxio do Villa de Pitanxo, comezou o encontro cun Xiria moi enchufado.
Abriu o marcador o capitán local Manu Méndez pasado o primeiro minuto de xogo. En cinco minutos o Lanzarote deulle a volta ao marcador 2-3 comezou a mostrarse moi serio en defensa e portería e a materializar as súas ocasións de gol acadando unha renda ascendente de 6 tantos no minuto 20 e coa que se chegaría ao descanso 9-15.
Buscaba o refresco de ideas o Calvo Xiriria tras o paso polos vestiarios, facíalle falla sobretodo en defensa para frear ao adversario, pero este non chegou. Cunha diferenza de 10 goles a falta de 20 minutos, empezaba a pesar a imposibilidade de remontada, quizais por que de fronte tiña un gran equipo que colleitou unha merecida vitoria. 23-30 remataba o encontro, toca pasar páxina e traballar pensando noutra saída complicada, o próximo partido en Bueu.
